O CONTO (Pedreira)
Onte, fun ao monte co meu pai, para recoller unha pouca leña que segaramos os días anteriores ao San Xoán.
Entón, fun recolle-la e tiña que xunta-la antes de que el a cargase para o trator. Ía moito sol e moito calor, para traballar a aquelas horas da tarde.
Cando xa estabamos acabando, pedinlle ao meu pai se me podía ir deitar á sombra dun pino. El díxome que si, que xa acababa el de traballar.
Entón, fun polo monte en busca dunha sombra que me puidese torna-lo sol que me queimaba a cabeza. Canso xa de andar, deiteime , e puxen a gorra de tal forma que me tornase o sol. E alí durmin toda a tarde. Ata que chegou Lobo, o meu pastor alemán, e espertoume laméndome a cara.
Cando espertei, xa eran as once da noite, levanteime apurado e comezei a andar con Lobo en dirección á casa.
Demos unha chea de voltas para atopar a "carretera xeneral". Cando a atopamos, corremos e chegamos á casa.
Unha vez alí, entrei e non había ninguén. Preparei a cea. Cando acabei, freguei a louza e fun para a habitación. Alí, atopei unha nota que dicia: "Cando chegues á casa, prepara a cea e vai para cama. Non te preocupes por nós, imos a unha charla. Deica logo.
Cando rematei de ler isto, dei grazas a Deus e durmín. Creo que nunca levara tanto medo.
Ah!, outra cousa, se non fose por Lobo, non creo que chegase á casa ata o dia seguinte pola mañá.